Novas

‘O rural parte de ti’

Tes ao teu carón proxectos moi interesantes dos que xorden produtos de gran calidade. Na túa man está facer un consumo consciente e incluílos no teu día a día. Deste xeito axudas a economía de proximidade e evitas o éxodo ás grandes cidades.

 

Temos a posibilidade de mellorar a nosa contorna, a nosa sociedade e a economía local cun pequeno xesto: mercar ás persoas que producen e transforman produtos na nosa zona.

‘Foro da Muller Rural Galega’

O “Foro da Muller Rural Galega” é unha iniciativa que xurde desde a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural no ano 2021 e que se celebrou por primeira vez en Tui o 15 de outubro, día no que se conmemora o Día da Muller Rural.

 

É un recoñecemento ao importante papel que as mulleres desempeñan no noso rural, e que pretende servir de exemplo para outras tantas mulleres, demostrando que se pode emprender, vivir, e transformar o rural, e que xuntas somos máis fortes.